Un home morre arroiado por un tren no tramo de Carril e Bamio
O accidente provocou atrasos en varías liñas de transporte.
O tráfico ferroviario na zona de Vilagarcía de Arousa sufriu varios atrasos ao longo da mañá deste luns a cusa do falecemento dunha persoa arroiada por un dos trens no tramo de Carril e Bamio.
A Policía Nacional informou que, segundo a versión dunha testemuña, un home de idade avanzada baixou desde un terraplén próximo ás vías e arroxouse a elas no momento no que pasaba un dos trens. Todo apunta a que se trata dun suicidio, pero a vítima non tiña ningún tipo de documentación e por agora descoñécese a identidade do falecido.
O accidente provocou atrasos en tres trens. Un deles sufriu unha hora e media de atraso, outro convoi foi desviado por outra vía e os ocupantes dun terceiro tiveron que ser trasladados por estrada. O tráfico ferroviario quedou restableceu ás 12:45 horas.
Escribe o teu comentario