Humoristas rusos conseguen falar con Cospedal facéndose pasar por un ministro de Letonia
"É importante que se coñeza toda a verdade", dixo sobre a posible colaboración rusa co goberno catalán cesado.
A ministra de Defensa fala dun encontro bilateral.
A axencia de noticias rusa Sputnik difundiu unha broma da que foi vítima a ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, na que dous humoristas que se fan pasar por membros do Ministerio de Defensa de Letonia a informan de que Puigdemont é un espía ruso alcumado 'Cipollino'.
Na conversación, un dos humoristas ofrécese a Cospedal a compartir con ela información dos servizos de intelixencia de Letonia sobre o papel de Rusia no conflito catalán.
Ao longo da conversación, a ministra de Defensa, agradece a información recibida e comprométese a trasladarlla a Mariano Rajoy, co obxectivo, mesmo, dun posible encontro persoal. "É importante que se coñeza toda a verdade", di Cospedal sobre a posible colaboración rusa co ex Govern catalán.
Escribe o teu comentario