Unha mostra en Cuenca recolle obxectos do Exército Gerrilheiro e armas de terroristas

Na exposición móstrase o rifle co que ETA tentou atentar contra o Rei Juan Carlos I.


|

ExpopoliciaA exposición está ata o día. Foto: @DipuCuenca


O Salón de Actos da Deputación de Cuenca mostra desde este venres, 17 de novembro, a exposición 'A vitoria da liberdade: a Policía Nacional contra o terrorismo', na que se rende homenaxe ao labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nesta materia. Ata o 26 de novembro poderán verse, entre outros elementos, armas e obxectos auténticos usados polos terroristas como o rifle co que se ETA tentou atentar contra o rei Juan Carlos I en 1995.


'A vitoria da liberdade' componse dunha serie de paneis auto explicativos, quioscos interactivos e obxectos reais usados polos terroristas de grupos como ETA, GRAPO, o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) ou xihadistas. Ademais, a exposición homenaxea e lembra aos 188 falecidos no seu labor antiterrorista.


En declaracións aos medios, Fernando García, coordinador da exposición e inspector xefe de Policía, manifestou que os diferentes corpos que participan na mostra son a Policía Científica, o GEO e o TEDAX sendo "as tres unidades que máis participaron na loita antiterrorista". Segundo García, a exposición recolle os catro principios sinalados pola lei de Protección ás Vítimas do Terrorismo "verdade, xustiza, memoria e dignidade".


Pola súa banda, o presidente da Deputación de Cuenca, Benjamín Prieto, remarcou o labor do Corpo Nacional de Policía e as "decenas de persoas que serviron neste corpo e xa non están".


Doutro lado, o comisario xefe da Policía Nacional en Cuenca, Miguel Lagoa, lembrou que "quen non coñece a historia está condenado a repetila" e dixo que foi testemuña e protagonista directo de como era a sociedade vasca nos chamados 'anos de chumbo', pois estivo destinado en San Sebastián de 1982 a 1992.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE