Dani Mallo anuncia a súa retirada: "Sen dramas, sen focos, sen flashes"
O gardameta despídese do fútbol tras vinte anos de carreira profesional
Con esta imaxe Dani Mallo di adeus ao mundo do fútbol
O gardameta coruñés Dani Mallo anunciou hoxe mesmo a súa retirada como xogador profesional a través das súas redes sociais, "sen dramas, sen focos, sen flashes". Tras vinte anos de carreira futbolística, Mallo decidiu colgar as súas luvas agradecendo a todos os seus compañeiros e adestradores o seu paso polo fútbol.
E como dicía Bugs Bunny...Isto é todo amigos!!... pic.twitter.com/kFUW8i2MLq
— Daniel Mallo Castro (@1danimallo) 16 de novembro de 2017
A carreira de Dani Mallo comezou no filial do Deportivo, o Fabril, en 1997, e pasou a formarse no equipo branquiazul a partir de 2001. No Deportivo, o porteiro alzaríase cunha Copa do Rey e unha Supercopa, para despois continuar a súa carreira profesional nunha gran variedade de equipos. Mallo pasou polo Elche, o Sporting Braga portugués, o Falkirk escocés, o Xirona, o Lugo e o Albacete. As súas andanzas no panorama futbolístico leváronlle ata a India, onde gañou co Atlético de Kolkata a Súper Liga.
Na actualidade, atopábase xogando no equipo do L?Hospitalet, e é aquí onde decidiu anunciar a súa retirada. Mallo pecha unha longa e importante etapa da súa vida, e en palabras do propio gardameta, igual que chegou, se foi. "Ata pronto fútbol! Ata sempre fútbol!"
Escribe o teu comentario