A Oficina de Atención ás Vítimas do franquismo abrirá en 2018

Así o anunciou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, nun acto público.


|

Ferreiromedios


O Concello da Coruña poñerá en marcha a Oficina de Atención ás Vítimas do franquismo para asistir a aquelas persoas que "aínda por familiares desaparecidos ou por non ser compensadas suficientemente, necesiten axudas dos poderes públicos".


O alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, anunciouno durante a rolda de prensa da inauguración das xornadas 'Memoria e Democracia' no paraninfo da Universidade da Coruña. A Oficina de Atención ás Vítimas, que pretenden poñer en marcha principios de 2018, estará tamén centrada en labores de investigación e recuperación da memoria histórica.


"Farémolo en colaboración coa Universidade da Coruña e tamén haberá unha Cátedra da Memoria que levaremos a medias entre o Concello e a UDC", declarou o edil ante os medios. Á súa vez, destacou que a cidade nestes dous últimos anos foi avanzando na recuperación da memoria histórica, "non só no cambio do rueiro senón tamén na construción desa Comisión pola Memoria e tamén na participación na mesa do Pazo de Meirás"


"Unha democracia de calidade é unha democracia que teña memoria histórica", comentou a vicepresidenta da Deputación da Coruña, tamén presente no acto, que avoga por "pasar páxina definitiva" para deixar atrás o franquismo.


Pola súa banda, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), Fernando Souto, insistiu na necesidade de recuperar a memoria das vítimas do franquismo, tras criticar a postura de España ao "incumprir os dereitos internacionais de reparación a vítimas e a lei de Xustiza Universal".


relacionada A reparación ás vítimas do franquismo da cidade herculina dá un paso máis
relacionada A Deputación da Coruña publica un mapa de represaliados polo franquismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE