Axilizarase a limpeza de leiras abandoadas en favor da prevención de incendios

As administracións poderán entrar en leiras abandonadas sen necesidade de orde xudicial


|


Incendios4


A Xunta de Galicia pretende que os concellos e o Goberno galego poidan "entrar" en leiras abandonadas, "sexan ou non de descoñecidos e sen orde xudicial", co fin de axilizar a limpeza destas zonas e así previr posibles incendios. Este conxunto de medidas foi presentado á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e atópase incluído na lei de acompañamento aos orzamentos.


Con isto búscase mellorar a seguridade das zonas habitadas, segundo comentou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que as medidas instauradas teñen o obxectivo de "evitar que se volvan a producir sucesos como os de mediados de outubro". Pola súa banda, o presidente da Fegamp, Alfredo García, advertiu da necesidade de máis persoal ante "tantos expedientes sancionadores", xa que hai que rozar "moitísimas parcelas de donos descoñecidos".


A través das novas medidas, a administración pode proceder a a "expropiación" do terreo tras a limpeza no caso de que os custos sexan superiores ao valor catastral; de non selo, existe un fondo habilitado polo comiso desa madeira para sufragar os gastos.


A conselleira lembrou que nos 50 metros de franxas secundarias non pode haber "especies pirofíticas" tales como acacias, piñeiros nin eucaliptos, e que a xente terá que rozar antes do 30 de maio, un mes antes do previsto.


relacionada Expertos en prevención de incendios acudirán á Cámara durante os próximos meses
relacionada A comunidade de montes de Chandebrito critica a actuación policial durante os incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE