Os centros de saúde de Oroso e Santiago impartirán clases para a prevención de úlceras
Persoal de enfermería
O persoal de enfermería da xerencia sanitaria compostelá impartirá os días 14 e 16 de novembro en Oroso e Santiago de Compostela cursos a coidadores de pacientes inmobilizados para a prevención de úlceras.
Desde a dirección de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago ideáronse estes cursos para os coidadores ou familiares de pacientes inmobilizados para dotalos de habilidades e coñecementos para o coidado de persoas impedidas, co obxectivo de evitar úlceras e ser capaces de recoñecer os signos de risco de padecelas. As úlceras son lesións na pel e que non sempre cicatrizan de forma espontanea, acompañadas en ocasións dunha forte dor. Con todo, trátase dun problema facilmente previsible, pero que desde a xerencia Compostela advirten que pode producir ?unha importante diminución da calidade de vida do paciente, un alto custo emocional para o coidador e un gasto económico moi elevado
Os cursos, de tres horas de duración, celebraranse o día 14 no centro de saúde de Oroso e o día 16 no centro de saúde de Vite, en Santiago. As clases estarán impartidas polo enfermeiro do centro de Oroso Javier Rodríguez Igrexas, mentres que en Vite será a coordinadora de enfermería do centro, Oliva Varela Meizoso, a que instrúa aos interesados.
Escribe o teu comentario