Aumenta o número de cirurxías urxentes no SERGAS en dez anos
As cirurxías urxentes precisan un tempo cirúrxico superior á media, con 140 minutos fronte a 95, o que supuxo 1.922 horas adicionais en quirófano
Os hospitais do Servizo Galego de Saúde (#Sergas) realizaron en 2025 27.560 intervencións de prioridade 1, aquelas que deben efectuar en menos de 30 días, o que supón un aumento do 58,8% respecto de 2015. Segundo o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o pasado ano practicáronse 2.563 operacións máis que en 2023, un 10,3% de incremento, consolidando unha evolución positiva na última década.
O tempo medio de espera situouse en 20,2 días, dez por baixo do límite legal e case oito menos que en 2009. O Sergas destaca que este indicador se mantén por baixo dos 21 días desde hai anos, o que considera un signo de eficacia na xestión das listas de espera.
As cirurxías urxentes precisan un tempo cirúrxico superior á media, con 140 minutos fronte a 95, o que supuxo 1.922 horas adicionais en quirófano. A pesar da folga médica de decembro, a Xunta subliña que se mantivo o nivel de actividade e que unha de cada catro operacións en Galicia corresponde xa a casos urxentes.
Escribe o teu comentario