PSA deseña para Opel un futuro con menos modelos de coches e máis caros

Tras a compra da compañía alemá, os franceses presentan o mércores o plan de negocio dos próximos anos.


|

Opelcrossland



O Grupo PSA ten pevisto recortar o número de modelos da gama de Opel, á vez que tamén controlará os descontos que aplica a división alemá, segundo informaron fontes próximas á situación ao diario alemán 'Frankfurter Allgemeine Zeitung'.


O consorcio automobilístico francés atópase na actualidade en pleno proceso de integración de Opel/Vauxhall na súa estrutura de negocio, despois de que adquirise esta división a General Motors a principios deste ano.


Os máximos responsables do Grupo PSA, Carlos Tavares, e de Opel/Vauxhall, Michael Lohscheller, presentarán o vindeiro mércores o novo plan de recuperación da compañía con sede en Rüsselsheim que busca recuperar a rendibilidade no próximos tres anos.


Este programa recolle o obxectivo de Tavares de reducir a práctica de Opel de comercializar os seus vehículos con altos niveis de descontos. O grupo francés xa mostrou a súa intención de utilizar a súa propia tecnoloxía e as súas plataformas de vehículos en futuros modelos de Opel para reducir custos.


relacionada Preto de mil traballadores protestan pola "sobrecarga" de traballo en PSA
relacionada "Ritmo frenético" e condicións de traballo "aberrantes" para o persoal de PSA
relacionada PSA, o maior produtor e vendedor de vehículos de España tras a compra de Opel

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE