O Outono Fotográfico visitará 18 localidades galegas e catro de Portugal

Un total de 280 artistas participarán nas 85 exposicións programadas este ano co lema de 'a Incredulidade'.


|

Outonofotgrafico


O Outono Fotográfico visitará 18 localidades de Galicia e catro de Portugal durante a súa 34 edición, que ten como fío temático 'a incredulidade'. Así, están previstas 85 exposicións, das que 34 pertencen á sección oficial e contarán coa presenza de fotógrafos de prestixio internacional como Dafna Tal, Tamara Wassaf ou Ángel Pantoja.


O Liceo Recreo de Ourense acolleu a presentación da 35 edición do Outono Fotográfico a cargo do director do certame, José Luis Vázquez "Ché"; o coordinador do programa, Víctor Nieves; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, entre outros.


Nesta ocasión a cita cultural ofrecerá 58 exposicións individuais, 30 colectivas e nove actividades formativas. Pasará por localidades como A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo, Santiago e Lalín, en Galicia; así como Porto, Chaves, Melgaço e Braga, en Portugal.


A organización destacou as 28 exposicións "de autores nacionais e internacionais de recoñecido prestixio" unidas polo nexo de unión desta edición, a análise da "incredulidade", a cargo de artistas consagrados como Dafna Tal, Tamara Wassaf, Ángel Pantoja, Jon Gorospe, Alfonso Almendros, Javier Viver, Ulla Deventer ou Laura Ben Hayoun.


Ademais, poderanse gozar os últimos traballos dos fotógrafos galegos Xaquín Rosales, Juan Adrio e Eva Díez; así como dos novos valores como Virginia Rota. David Catá, Bruno Silva ou Verónica Losantos.


O comisario da mostra Vitor Nieves resaltou a "gran calidade" da sección Outono Aberto, que se programa tras a selección de traballos inscritos na convocatoria aberta que a organización do festival realizou a mediados de ano.


Ademais, nesta edición haberá diferentes actividades formativas a cargo do 'Campus de Outono', programas expositivos a cargo da Concellería de Mocidade, do Campus da auga (Ourense) ou do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.


A organización destacou o respaldo de 85 entidades colaboradoras, públicas e privadas. Entre as primeiras nomeou as achegas da Concellería de Mocidade (9.000 euros); a Universidade de Vigo (3.000 euros); o Concello da Coruña (4.235 euros) e o Concello de Santiago de Compostela (2.000 euros).


Entre as achegas privadas os organizadores resaltaron a achega da Difusora de Letras, Artes e Ideas, Disigna Edenia e Emociois que representa un 60% do orzamento total.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE