Os problemas de saúde pública dos galegos alimentan o conflito catalán

A líder de Ciudadanos en Cataluña di que sen Galicia mellorarían as estatísticas de obesidade infantil.


|

ArrimadascsInés Arrimadas, de Cs.

O sobrepeso e a obesidade son problemas de saúde pública que teñen un impacto crecente nas últimas décadas, nas que se multiplicou a prevalencia desta enfermidade. E Galicia non foi allea a esta tendencia.


Pero esta 'epidemia' serviu á líder de Ciudadanos en Cataluña, Inés Arrimadas, para frivolizar sobre as estatísticas e enfrontarse aos independentistas.


"A obesidade infantil? Se se deixa de vivir cos galegos seguro que iso mellora", proclamou. Era parte dun reproche ao bloque separatista catalán, pero non deixa de ilustrar un estereotipo que debe estar implantado nas mentes doutros cidadáns españois.


E é que, segundo a enquisa de hábitos de vida do INE, a prevalencia do sobrepeso e a obesidade infantil en Galicia supera en seis puntos á media española e en máis de 12 á estatística en Cataluña.


Obesidadinfantiltabla

Táboa coa prevalencia de sobrepeso e obesidade en menores.

As palabras de Arrimadas non son máis que unha análise superficial. E é que a política catalá pasa por alto que un dos factores que máis inflúe no sobrepeso e a obesidade é o nivel socioeconómico das familias, tal e como sinala a OMS.


"A pesar dos esforzos realizados, estímase que un de cada tres mozos ten sobrepeso ou obesidade en Europa". Afírmao un estudo da Organización Mundial da Saúde. Polo que a cifra galega segue a tendencia europea.


Nas súas análises, o Sergas conclúe que "numerosos factores inflúen na implantación dun estilo de vida saudable, entre outros, os programas educativos; a publicidade de alimentos non recomendables e de actividades sedentarias; a industria alimentaria e a política de prezos dos alimentos; o deseño urbanístico das cidades -que non favorece a actividade física-; e, ademais, as desigualdades sociais". Case nada. A maioría destes ámbitos, iso si, non están nas prioridades que mostra día a día Ciudadanos.


relacionada O consumo frecuente de froitos secos axuda a evitar o sobrepeso e a obesidade
relacionada Expertos galegos en obesidade grave reúnense en Santiago para unificar técnicas e tratamentos
relacionada Oito de cada dez galegos admiten ter feito algunha vez unha dieta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE