O consumo frecuente de froitos secos axuda a evitar o sobrepeso e a obesidade
A pesar de ser alimentos altamente calóricos, un estudo asocia as noces a unha menor ganancia de peso ao longo dos anos.
A súa capacidade de saciar despraza alimentos pouco saudables.
As noces son alimentos con elevada achega enerxética; poden proporcionar entre 160 e 200 kilocalorías por porción (con só un puñado de 30 gramos), polo que a preocupación de que un elevado consumo de noces poida levar a unha ganancia de peso aínda persiste.
Por este motivo, a industria dos froitos secos acaba de publicar os resultados dun estudo onde se asocia un consumo frecuente de noces cun menor risco de padecer sobrepeso e obesidade.
A pesar de ser alimentos altamente calóricos, posúen graxas saudables e a súa capacidade de xerar saciedade despraza da dieta outros alimentos pouco saudables.
Recrutáronse 373.293 participantes entre os anos 1992 e 2000 procedentes de 10 países europeos no marco do estudo European Prospective Investigation into Cancer and Nutrition (EPIC). O peso corporal mediuse ao comezo do estudo e tras un seguimento medio de cinco anos, avaliouse o consumo de alimentos.
Os resultados mostraron que os participantescon un peso normal que consumiron máis noces (6 gramos ao día) tiveron un risco un 5% menor de ter sobrepeso ou ser obesos en comparación cos non consumidores de noces. Ao mesmo tempo, as persoas con sobrepeso na súa liña de base tiveron un risco un 5% menor de converterse en obesos.
Desta forma, estes descubrimentos apoian as recomendacións de dieta de aumentar a inxesta de noces e incluílas dentro da nosa dieta.
Escribe o teu comentario