Os galegos, entre os españois que máis recorren ao xaxún para perder peso

Galicia atópase entre as comunidades con máis sobrepeso, un 43%, e catro de cada dez galegos cre que ten que adelgazar. 


|

Ayunoapetitocomidasnack


Os galegos atópanse entre os españois que máis escollen facer xaxún algún día para perder peso e as mulleres de Galicia fan máis intentos de dieta que os homes, pero aínda así cren que lles sobran máis quilos que a eles.


Así se reflicte nunha enquisa realizada polo Centro de Investigación sobre Fitoterapia (Infito) en Galicia, da que se desprende que o 38% das enquisadas afirma tentar adelgazar entre unha e tres veces no último ano, mentres que o 40% cre que aínda lles sobra entre dous e cinco quilos.


Por iso, Infito e a Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (Sedca) lembran que para conseguir perder peso e mantelo, "as dietas deben ser equilibradas e permitir adquirir uns hábitos que poidan manterse no tempo". Ademais, engaden que "é necesario practicar exercicio físico diario e pode axudar a toma de preparados farmacéuticos de plantas medicinais".


A enquisa de Infito reflicte, así mesmo, que un 22 por cento dos galegos "segue hábitos pouco saudables para perder peso". Así, puntualiza que se atopan entre os españois que máis escollen ayunar algún día para perder peso.


DIETA MEDITERRÁNEA


Os expertos aconsellan, segundo explican, que a dieta "debe basearse no patrón de dieta mediterránea e o chamado modelo do prato". Este consiste en tomar a metade da ración en forma de verdura e hortaliza; unha cuarta parte do prato en forma de hidrato de carbono (pan, pataca, arroz, pasta, preferiblemente integral); e a outra cuarta parte en forma de proteína (carne, peixe, ovo ou legumes).


Segundo a enquisa de Infito, catro de cada dez galegos cre que ten exceso de peso. De feito, segundo o estudo 'ENPE', Galicia atópase entre as comunidades con máis sobrepeso, cun 43 por cento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE