Concedidas as axudas da primeira convocatoria para cooperación ao desenvolvemento

O Concello de Santiago concedeu cadansúa subvención de 15.000 euros a varios proxectos de Centroamérica, principalmente.


|

GuatemalaarquitecturaActo en Guatemala de Arquitectura sen Fronteiras.

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela resolveu hoxe a primeira convocatoria das subvencións de cooperación ao desenvolvemento, impulsada desde a Concellería de Políticas Sociais.


A ONG Arquitectura sen Fronteiras recibirá unha subvención de 15.000 euros, o máximo establecido, para a fase II dun proxecto para a mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero no municipio de Champerico, en Guatemala.


Tamén se acordou unha achega de 15.000 euros para Enxeñería sen Fronteiras, neste caso para un proxecto relacionado coa xestión pública do auga no municipio de El Triunfo, en Honduras.


Idéntica cantidade será para a Asemblea de Cooperación pola Paz, que desenvolverá un proxecto para a mellora das condicións hixiénico-sanitarias, ambientais e de equidade de xénero en El Salvador.


Na listaxe de entidades beneficiarias na convocatoria figura tamén Vicente Ferrer, que vai desenvolver un proxecto na India que mellorará as condicións de habitabilidade de 86 familias rurais.


Solidariedade Internacional Galicia presentou un proxecto para a promoción da saúde e o medio ambiente da poboación indíxena Mam de Guatemala, polo que recibirá unha achega de 14.937,38 euros, e por último, a Fundación Fabre recibirá 14.276,31 euros, para a formación do persoal sanitario con especialidade en saúde materno-infantil e nutricional no departamento de Suchitepéquez, en Guatemala.



relacionada A resposta dos herdeiros de Franco "non está nin se lle espera"
relacionada A auga da billa busca o seu oco entre a hostalería da capital

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE