A AELG nomea a valenciá Isabel Clara-Simó como Escritora Galega Universal 2018
Recoñecen con este premio o "profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra".
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nomeou a Isabel Clara-Simó como Escritora Galega Universal 2018 "desde o seu profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra".
Este premio honorífico seralle entregado o 19 de maio no marco da III Galega do Libro Galego, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola AELG, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras.
En anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer e Hélia Correia.
Licencia en filosofía e en xornalismo e doutorada en Filoloxía Románica, como xornalista Isabel Clara-Simó dirixiu o seminario 'Canigó'. Tamén foi delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Catalá.
Escribe o teu comentario