Buscan a un home que tratou de levar a unha nena de 13 anos en Cambados
A Policía Local pide a colaboración cidadá para dar cun home de barba canosa que conduce un furgón negro.
A Policía Local de Cambados pediu a colaboración cidadá a través do seu perfil de Facebook para tratar de localizar a un individuo que, supostamente, convidou a subir ao seu coche a unha nena de 13 anos.
Segundo apuntan, foi a nai da menor a que se puxo en contacto coa Policía advertir de que un home se dirixiu á súa filla instándoa a que subise ao seu coche e dicíndolle que coñecía a súa nai, algo que non era certo.
Segundo apuntan os axentes, o home é un individuo de barba canosa voluminosa e chapeu de tea de cor verde, que ía ao volante dun vehículo grande de cor negra tipo furgón. O vehículo, engaden, podería non levar cristais na parte traseira ou telos tintados e presentaba un golpe na aleta traseira, no lado dereito.
Os feitos, indican, ocorreron sobre as 20,30 horas da tarde deste mércores no cruzamento das rúas Real e Valle-Inclán.
Escribe o teu comentario