Alarma en Ourense polo intento de secuestro dun neno á saída do colexio
O menor, de 13 anos, contou que un home que ía en coche o perseguiu para subilo ao vehículo pola forza.
A policía investiga en Ourense un intento de rapto dun menor á saída dun colexio do centro da cidade. Segundo a denuncia presentada polos pais, o neno, de 13 anos, estaba nos arredores do centro cando un home o convidou a subir ao seu coche.
Ao negarse e tratar de fuxir, segundo o relato do menor, o condutor baixou para tentar atrapalo e metelo pola forza. O neno puido escapar e agocharse nun parque próximo.
O presunto secuestrador é un home duns 40 anos que conduce un Ford Fiesta. A historia chegou a oídos do resto de pais e a policía incrementou a vixilancia na zona.
Escribe o teu comentario