Secuestran nun piso de Ourense a un home por unha débeda de 300 euros

A Policía Nacional liberouno este martes, alertados por unha veciña que escoitou os berros de auxilio da vítima.


|

Policianacionalcoche


A Policía Nacional de Ourense liberou á primeira hora da tarde deste martes a un home de 42 anos que estaba supostamente retido nun piso desde o pasado domingo por unha suposta débeda.


Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, sobre as 13,45 horas a Policía recibiu unha chamada para avisar dun home que gritaba nunha vivenda na estrada de Vigo. Ao chegar a Policía, este díxolles que estaba encerrado desde o domingo para que lles dese diñeiro.


A muller que avisou informou as forzas de seguridade de que escoitara os berros de auxilio dun home que lle pedía axuda porque se atopaba secuestrado desde o domingo.


Tras confirmar a situación, a Policía solicitou a intervención do corpo de bombeiros para que cortase cunha radial a porta de entrada da vivenda. No interior da vivenda os axentes atoparon o suposto secuestrado, un home de 42 anos con antecedentes, e unha muller sen antecedentes policiais e da que aínda non se coñece a súa relación cos feitos.


DÉBEDA


O home retido explicou aos axentes que outro home o encerrara este domingo no piso acusándoo de que lle debía diñeiro, uns 300 euros. Con todo, negou deber nada ao seu suposto secuestrador.


O home retido presentaba unha lesión leve na cara supostamente causada polo home detido, quen lle pegou xunto a outro individuo, segundo apuntaron fontes policiais. Por iso, procedeuse a realizarlle unha análise médica para comprobar o seu estado.


A Policía detivo fóra do piso o presunto autor do secuestro e foi levado a comisaría.

relacionada Frustran un secuestro organizado contra un coñecido avogado de Ourense
relacionada Detidas na Coruña dúas persoas reclamadas pola Interpol por un secuestro en Venezuela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE