Andone: "Nunca na miña vida desexei que un compañeiro se lesione"
O dianteiro será titular contra o Éibar e chama a que o equipo se faga forte fóra da casa.
Remarcou a importancia de gañar fóra. Foto: RC Deportivo
"Temos que tentar facernos fortes fóra da casa e sacar puntos para poder ter máis tranquilidade". É o que Andone pide ao Dépor para o próximo partido contra o Éibar e o que queda de tempada.
O dianteiro sabe que será un partido complicado en Ipurúa, aínda que "non están a atravesar unha situación moi boa".
Andone será titular a fin de semana polas molestias de Lucas Pérez e Adrián, pero manifestou que "é algo que nunca na miña vida deseei". E é que sostén que el e Lucas son "compatibles" sobre o terreo de xogo".
E tivo palabras para outros dous futbolistas do Dépor. Un deles, Pantilimon, no que mostrou a súa confianza. "Está moi concentrado, é un gran porteiro que aos poucos se asentará neste equipo. Vai achegar tranquilidade, presencia baixo os paus e estou seguro de que será un alicerce importante", declarou.
Tamén dixo alegrarse pola renovación de Luisinho. "Está a render a gran nivel, parece que ten dez anos menos e espero que siga así", expresou. E quixo quitar importancia a que o portugués non leve brazalete. "É unha persoa moi querida e moi respectada no vestiario. Que non fose capitán non quere dicir que non o apoiemos ou queiramos, ao contrario", remachou.
Escribe o teu comentario