As chamas ameazaron casas en Lobios, onde outro incendio leva cinco días sen extinguir

Entre Lobios y Chandrexa de Queixa suman este venres catro incendios forestais en distintas fases de extición. 


|

IncendiolobiosaireImaxe do incendio, visto desde o aire. Foto: @BrifLaza

Medio Rural tivo que activar en Lobios a 'Situación 2', un protocolo antiincendios como consecuencia da proximidade das chamas a núcleos de poboación, aínda que quedou desactivado pasadas as seis da tarde deste venres.


O incendio forestal, que empezou pasadas as dúas da tarde, afecta á parroquia de Río Caldo e as chamas achégaronse ao núcleo de Padrendo. Na súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.


Segundo as primeiras estimacións provisionais, o lume arrasou xa máis de 20 hectáreas.



Mentres, segue sen ser extinguido, pero en situación de control o incendio forestal que afecta desde a tarde do luns ao parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, no mesmo municipio, que supera as 20 hectáreas.


Están controlados tamén dous incendios que afectan o municipio de Chandrexa de Queixa, iniciados ao redor das once da noite e as catro da madrugada, que devoraron 70 e 100 hectáreas, respectivamente.


relacionada Medio Rural cesa centos de efectivos antiincendios sen acabar a campaña de alto risco
relacionada Un incendio forestal avanza polo Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
relacionada A Xunta deixa para o outono os traballos de prevención de incendios forestais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE