Homenaxe dos Defensores do Pobo a Miguel Ángel Blanco na Merca
Depositarán un centro de flores no monumento levantando no cemiterio onde a súa familia trasladou os seus restos desde Ermua.
Defensores do Pobo de toda España desprazaranse este martes, día 3 de outubro, ao cemiterio da parroquia de Faramontaos, no municipio ourensán da Merca, para homenaxear a Miguel Ángel Blanco no 20 aniversario do seu asasinato a mans de ETA.
O acto estará presidido polo defensor do pobo en funcións, Francisco Fernández Maruagán, así como pola valedora do pobo, Milagros Otero, promotora desta iniciativa que coincide coa celebración en Santiago das XXXII Xornadas de Coordinación de Defensores do Pobo.
Segundo explicou o Valedor do Pobo nun comunicado, na homenaxe, que terá lugar ás 19,30 horas, tamén participará o alcalde de Ermua, Carlos Totorika.
Os defensores depositarán un centro de flores no monumento levantado no exterior do camposanto de Faramontaos, na Merca. Lembrarán nos seus discursos a este edil que foi asasinado o 13 de xullo de 1997.
Os restos de Miguel Ángel Blanco descansan no cemiterio de A Merca desde 2007, ano no que a familia decidiu o seu traslado tras unha década en Ermua.
Escribe o teu comentario