Alarma en Lugo pola saída do cárcere tras 20 anos dun violador e asasino

A foto do ex convicto circula por Whatsapp e veciños reclaman que a xustiza lle coloque unha pulseira localizadora.


|


Lugomurallaviviendas


O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, expresou que o violador saído da cárcere de Bonxe que foi visto pola cidade lucense "non ten limitación" para residir en ningún punto de España fóra de Zamora, Torrevieja e un concello da provincia de Valladolid.


Na tarde do pasado xoves comezou a circular pola aplicación de mensaxería Whatsapp a foto de Manuel Martínez Quintas, un ex convicto que cumpriu 20 anos de condena no cárcere de Bonxe por un delito de violación e un de detención ilegal dunha muller en Zamora.


A foto ía acompañada por un texto no que alertaba sobre o seu perigo e sinala os lugares que frecuenta na cidade de Lugo (Estación de Autobuses e Praza da Constitución). Ademais dos delitos citados anteriormente, Martínez Quintas xa cumprira unha condena de 13 anos de cárcere polo asasinato dunha parella de adolescentes na provincia de Castela e León.


Preguntado sobre esta cuestión, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, lembrou que se trata de "unha persoa libre, que cumpriu condena e que agora tenta a súa reinserción social".


Con todo, recoñeceu a alarma xerada e insistiu en que "en Lugo ou en calquera outro territorio non ten ningunha outra limitación para poder residir, excepto en Zamora, nun concello de Valladolid e en Torrevieja, onde un auto da Audiencia de Zamora limítalle a entrada", matizou.


"O único que podemos facer é un control dentro do que facemos a calquera outra persoa que saíse á rúa despois de cumprir condena", asegurou Ramón Carballo, para logo engadir que "a policía está avisada pero non podemos facer un control de seguimento sobre este individuo".


Unha das cuestións que preocupa aos veciños da capital lucense é que este home non conta con ningún dispositivo electrónico de control, como unha pulseira localizadora. O subdelegado asegurou que a Audiencia de Zamora está "a tratar de conseguir que se lle poida colocar ese dispositivo".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE