A espera para operacións graves baixa por decreto dos 100 aos 60 días en Galicia

Se o Sergas non cumpre o prazo, permite ao paciente cambiar de centro ou operarse nun hospital concertado.


|

Operacionquirofano


O Goberno galego deu luz verde ao decreto de tempos máximos de espera, que garante que as operacións en máis de 100 patoloxías graves pero non urxentes na comunidade --sobre todo no caso de cancro e determinadas enfermidades cardíacas e vasculares-- terán un tope de espera de 60 días.


Se non se cumpre este prazo, tal e como se avanzou cando se impulsou a lei de garantías de prestacións sanitarias (aprobada en decembro de 2013), o paciente terá dereito a cambiar de centro ou a optar por un hospital concertado acreditado polo Sergas, que asumirá o custo da intervención cirúrxica.


No caso das consultas externas e das probas diagnósticas mantense tamén o prazo de 45 días que se comprometeu cando se impulsou a lei, que agora se desenvolveu a través de decretos.


A Xunta calcula que entre 15.000 e 20.000 persoas poderán beneficiarse cada ano deste sistema de garantías de tempos máximos.


Ratificouno ao termo da reunión semanal do Executivo galego o presidente, quen detallou xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o contido deste decreto "complexo e difícil".


Admbos dirixentes subliñaron que a intención da Xunta é "seguir ampliándoo" e ir incorporando novas patoloxías. "A lista de espera é algo que nos gustaría ir abordando e é o que se está facendo; estamos no quinto lugar dentro da sanidade española, pero queremos mellorar", remarcou


EFECTO PARA QUEN XA ESTÁ EN ESPERA


O decreto selecciona patoloxías oncolóxicas malignas, valvulopatías, patoloxías vasculares arteriais, patoloxías cerebrais benignas e patoloxías oftalmolóxicas.


No que respecta ás enfermidades oncolóxicas, o texto fai referencia tanto ao ámbito das cirurxías, que inclúen neoplasias, tumores neuroendócrinos e carcinomas, como ás primeiras consultas e probas diagnósticas e terapéuticas recollidas nas vías rápidas establecidas para distintos tipos de cancro.


Entrará en vigor aos dous meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para as persoas que, dentro destas casuísticas, estean xa nas listas de espera do Sergas e para os novos procesos de enfermidade.


REXEITA "PRIVATIZACIÓN"


Preguntado acerca de se a vía de ir a un centro concertado pode supoñer unha privatización encuberta, o conselleiro de Sanidade rexeitouno e apuntou que este sería "o último mecanismo", ademais de sinalar que entende que "non ten que ser necesario" acudir a el.


"Pero temos que cubrir calquera casuística que se poida dar; a autonomía do paciente é o máis importante, que o poida decidir, con toda a información", aseverou Almuiña.


relacionada A Marea Branca alerta do "engano" da proposta privada das listas de espera
relacionada O plan da sanidade privada contra as listas de espera custaría 88 millóns a Galicia
relacionada "Centos de miles de razóns" para o regreso da Marea Branca ao Obelisco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE