Cinco grupos de empresas optan a construír o 'gran Montecelo'

Sanidade di que en "dous ou tres meses" poderase contratar o proxecto básico de construción do hospital


|

Montecelo 1Hospital Montecelo, en Pontevedra.


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, avanzou que un total de cinco unións temporais de empresas (UTE) presentaron as súas propostas para a construción do 'gran Montecelo', o hospital pontevedrés que abarcará unha superficie de case 120.000 metros cadrados.


Ante o pleno da Cámara, preguntado polo deputado do PPdeG Jacobo Moreira, o titular de Sanidade confirmou que o ritmo da tramitación fai prever que se poida cumprir o cronograma previsto.


Así, tras iniciarse a apertura de sobres, en "dous ou tres meses" poderase contratar o proxecto básico. A continuación ábrese, como dixo, outra fase de catro meses e medio para a planificación dos traballos e a súa exposición pública; seguida doutra de catro meses para a redacción do proxecto básico e a urbanización da contorna.


relacionada Deputación e Concello asinan o convenio para o acceso sur ao Hospital Montecelo
relacionada Os colectivos críticos co Sergas, excluídos do proxecto do 'Gran Montecelo'
relacionada Chega ao Parlamento unha ILP que reclama acelerar a ampliación do Hospital Montecelo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE