Unha hora en cadeira de rodas basta para poñer en evidencia as barreiras das cidades
Personaxes públicos participaronn en Santiago nunha actividade de Cogami para "poñerse no lugar" de persoas con mobilidade reducida.
O obxectivo, "poñerse no lugar" de persoas con mobilidade reducida.
Unha vintena de personaxes públicos participaron este mércores en Compostela nunha actividade organizada por Cogami e o Concello de Santiago con motivo da Semana Europea da Mobilidade para "poñerse no lugar" das persoas con mobilidade reducida.
Os participantes, entre os que se atopaban concelleiros municipais, a escritora Rosa Aneiros, a locutora Clara de Saa, o atleta Pedro Nimo, o científico Jorge Mira ou o humorista Xosé Touriñán, partiron ao mediodía sentados en cadeira de rodas desde a Carreira do Conde para realizar un percorrido dunha hora pola cidade que puxo en relevancia as dificultades coas que se atopa o colectivo.
A intención deste percorrido, manifestou o concelleiro Jorge Duarte, que tomou parte na marcha, é evidenciar como algunhas medidas de eliminación de barreiras arquitectónicas, como as ramplas, non sempre son efectivas. Ademais, destacaron as dificultades que poñen para este colectivo pequenos obstáculos como resaltes, bolardos ou as propias pedras da calzada.
Escribe o teu comentario