A empresa da cafetería do CHUS admite que espiaba con cámara oculta aos traballadores

Aramark sostén que o fixeron ao detectar un descuadre da caixa e descoñecen se ocorre igual noutros hospitais.


|

ChuscamaraocultaCámara oculta no falso teito. Foto: CIG


O sindicato CIG asegurou este luns que a empresa concesionaria do servizo de cafetería do Hospital Clínico de Santiago, Aramark, recoñeceu a instalación dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal, algo que atribuíu a un "descuadre de caixa".


Nun comunicado, o sindicato indicou que, ao día seguinte de facer a denuncia pública, a empresa mantivo unha reunión co comité no que recoñeceu a súa instalación e dixo descoñecer se había "máis cámaras", xa que "esta fora unha decisión adoptada polos servizos sociais da empresa en Barcelona".


Segundo contou a empresa á CIG, Aramark contratou un detective tras detectar un descuadre de caixa na cafetería, e dixo que foi este detective o que instalou a cámara.


Para a CIG, é "totalmente desproporcionada a medida adoptada", dado que tampouco se puxo en coñecemento do comité de empresa a situación que estaba a ter lugar. Ao mesmo tempo, incidiu no "agravante" de que a cámara tiña micrófono e que non se lles permitiu "o acceso" ás imaxes.


relacionada Os traballadores da cafetería do CHUS, espiados con cámara oculta nos seus descansos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE