O Celta golea ao Eibar a balón parado (0-4)

Os celestes sorprenden aos vascos cun resultado avultado no que pretenden que sexa un punto de inflexión.


|

CeltaipuruaCabral celebra o seu tanto coa afección. Foto: RC Celta


O mal arranque da tempada non impediu ao Celta afrontar o partido do Eibar como un punto de inflexión. Os vigueses asinaron un 0-4 a domicilio con tres goles en xogadas de estratexia, de Cabral, Sergi Gómez e Tucu Hernández.


O Celta redondeou unha primeira metade espléndida en eficacia e, esnaquizando tópicos, arroiou ao Eibar a balón parado en Ipurúa. Nun primeiro tempo de gran intensidade e disputa, co balón moito tempo no aire, os vigueses apoiáronse na estratexia para abrazar a vantaxe.


Sisto acumulou tres asistencias. Cabral, Sergi Gómez e Tucu Hernlandez, de chilena, puxeron os goles nos minutos 17, 25 e 39. O Eibar, sempre agresivo na presión , dispuxo tamén de boas ocasións, pero careceu de acerto.


Tras o descanso, o Eibar apertou os dentes en busca dun tanto que lle devolvese a esperanza. O Celta aguantou sólido para irse soltando aos poucos. As ocasións celestes foron chegando e a falta de pouco máis dun cuarto de hora Wass anotou cun dereitazo tras unha boa asistencia de Hugo Mallo, quen tivo un protagonismo enorme en ataque.


Os celestes rexurdiron con contundencia para sumar unha valiosa vitoria.


FICHA TÉCNICA


0-SD Eibar: Dmitrovic, Capa, Gálvez, Paulo, Cote (Juncá, min.46) Bebé, Dani García, Escalante, Inui, Charles (Jordan, min.63) e Kike.


4-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Fontás, min.64), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Tucu Hernández (Jozabed, min.75), Iago Aspas, Sisto e Maxi Gómez (Guidetti, min.76).


Goles: 0-1, min.17: Cabral; 0-2, min.25: Sergi Gómez; 0-3, min.39: Tucu Hernández; 0-4, min.73: Wass.


relacionada O Celta deixa escapar a vitoria nos últimos instantes
relacionada O Celta rebaixa as entradas para que Balaídos non se vexa baleiro na tele

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE