A primeira quenda de 2.000 abonos para o Resurrection voa en menos de 10 minutos

Se coñecer nin un do cento de grupos do cartel do festival de Viveiro, a organización anuncia unha segunda remesa de entradas.


|

Resurrectionfest 1Imaxe do Resurrection de 2016.

Este martes ás dez da mañá horas arrincaba a venda dos primeiros 2.000 abonos para o Resurrection Fest Estrella Galicia de 2018 e en menos de 10 minutos vendéronse todos.


Segundo informa a organización nun comunicado, a esta primeira oferta (con prezos desde 89 euros --máis gastos-- para tres días e desde 97 euros --máis gastos-- para catro días), seguirá outra remesa de 2.000 entradas (con prezos desde 99 euros --máis gastos-- para tres días e 107 euros --máis gastos-- para catro días). Ademais das 'Pandemonium' (VIP) de tres e catro días.


Todo iso sen que se coñeza aínda ningún dos grupos que tocarán na décimo terceira edición do Resurrection Fest 2018, que se celebrará os días 11, 12, 13 e 14 de xullo en Viveiro (Lugo).


relacionada O espectáculo de Rammstein pasa á historia do Resurrection
relacionada O Resurrection Fest desvela o seu cartel completo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE