Dous ciclistas atropelados este sábado en Sanxenxo e Poio
Polo menos un dos feridos necesitou asistencia sanitaria.
Dúas persoas que circulaban en bicicleta pola rede viaria galega resultaron feridas nas últimas horas ao ser atropelados por vehículos.
En Sanxenxo, un ciclista quedou ferido na mañá deste sábado despois de ser alcanzado por un coche. O sinistro produciuse en Portonovo, no quilómetro 20 da PO-308.
Unha testemuña dos feitos chamou ao 112 Galicia ás 11,10 horas. Segundo indicou, o deportista necesitaba asistencia sanitaria.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou enseguida ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Salnés. Tamén informou a Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Pouco antes, en Poio, outro ciclista resultaba ferido nun sinistro de características similares. Nesta ocasión, o atropelo ao deportista produciuse na estrada que vai a Sanxenxo.
Un particular alertou ao 112 Galicia ás 11,00 horas. Acto seguido, a central de emerxencias informou ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Sanxenxo, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario