Dous ciclistas, feridos en accidentes na provincia de Pontevedra
Un adiantamento tirou da bicicleta a un deles e outro foi arroiado por un coche nunha rotonda.
En ambos os casos houbo coches polo medio.
Dous ciclistas resultaron feridos na mañá deste sábado en senllos accidentes de circulación rexistrados na provincia de Pontevedra.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos ocorreu sobre as 11,15 horas en Sanxenxo, onde un ciclista caeu da bicicleta no momento no que era adiantado por un turismo.
Os feitos tiveron lugar na estrada que une O Grove e Sanxenxo, fronte a praia da Lanzada. Ata a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil, GES de Sanxenxo e Bombeiros de Ribadumia, así como persoal sanitario do 061 para atender a vítima.
Por outra banda, en Marín, un ciclista resultaba ferido ao ser arroiado por un coche na rotonda que se atopa enfronte da escola naval. Foi un particular quen deu a voz de alarma ao 112 ás 12,10 horas.
Escribe o teu comentario