Fin de semana tráxico nas estradas con 14 mortos, cinco deles ciclistas

Nove persoas resultaron feridas nos 11 accidentes rexistrados | No acumulado anual ata o 11 de xuño lévanse contabilizado 472 falecidos.


|

Accidentebicicletaciclista


Catorce persoas faleceron nas estradas españolas nos once accidentes mortais rexistrados entre as 15.00 horas do venres e as 00.00 horas deste domingo, segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Ademais, nove persoas resultaron feridas nestes accidentes. Cinco dos falecidos eran ciclistas.


Dos ciclisas falecidos, un foi atropelado na estrada N-332 no termo municipal de Oliva (Valencia) por un vehículo cuxo condutor --que nun primeiro momento seu deu á fuga-- deu positivo en drogas. Outro dos ciclistas falecidos era un home de 70 anos que perdeu a vida debido á caída dun grupo de ciclistas, entre os que se atopaba, nunha vía que une os municipios conquenses de Talayuelas e Garaballa.


Por días, o venres rexistráronse tres accidentes mortais con tres falecidos nas provincias de Madrid (onde houbo dúas) e Huesca. O sábado finalizou con dúas vítimas en senllos accidentes rexistrados en Navarra e A Coruña.


A peor xornada do fin de semana foi este domingo, xornada na que se rexistraron trece accidentes mortais con 14 falecidos, tres deles ciclistas, segundo a información da DXT.


Dos 13 accidentes, sete foron saídas da vía, tres choques, dous atropelos a ciclistas e unha caída de ciclistas. Unha decena dos accidentes producíronse en vías convencionais, un en autovía, un en autoestrada e un nun camiño veciñal. No acumulado anual ata o 11 de xuño levan contabilizados 472 falecidos.


En Galicia rexistrouse un accidente mortal ao saírse da vía un mozo de 22 anos que circulaba pola AC-242, en Padrón. 

relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada
relacionada Morre un mozo de 22 anos nun accidente de tráfico en Padrón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE