Morre un mozo de 22 anos nun accidente de tráfico en Padrón

|

Capturadepantalla20170611alas10.54.07
// CRTVG


O mozo que había resultado ferido de gravidade en un accidente de tráfico rexistrado este sábado pola tarde en Padrón (A Coruña) faleceu. Actualmente, un equipo de psicólogos acompaña á familia do rapaz, de 22 anos de idade.


Confirmoullo a Garda Civil de Tráfico ao 112 Galicia. Con esta información, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce), que enviou un equipo de psicólogos ao domicilio familiar da vítima.


Ademais da vítima mortal, o accidente deixa outra persoa ferida de gravidade. A saída de vía tivo lugar na AC-242, á altura do quilómetro 3, sobre as 18:20 horas deste sábado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE