O Teatro Rosalía de Castro da Coruña será escenario da novena homenaxe a Manuel María
'Lúas de Outono' volve o día 20 dar "unha nova posibilidade" para achegarse á figura do escritor.
O Teatro Rosalía de Castro acollerá o día 20 a homenaxe a Manuel María 'Lúas de Outono', promovido pola Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María e que cumpre a súa novena edición.
Nesta ocasión, o protagonismo será para o teatro coa participación da compañía Lucecús Teatro que representará 'A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna' e que leva a escena a figura que influíu na biografía de Manuel María.
Diso informaron, en rolda de prensa, a vicepresidenta provincial e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartïn; a presidenta da Fundación Manuel María e a súa viúva, Saleta Goi, nunha rolda de prensa xunto ao secretario desta entidade, Alberte Ansede, e o director e actor de Lucecús Teatro, Rubén Pérez.
Sobre esta homenaxe, todos coincidiron en que supón "unha nova posibilidade" para achegarse á figura deste escritor galego. Goretti Sanmartín enxalzou tamén o traballo da Fundación Manuel María e o seu compromiso "co galego e co país".
Escribe o teu comentario