A frota galega pide a Bruxelas que mellore o protocolo de pesca con Mauritania
Os palangreiros e arrastreiros quéixanse de que o país africano lles subiu impostos polo desembarco de peixe.
A frota galega de palangre e arrastre solicitou nunha reunión coa Comisión Europea que o impacto socioeconómico da actividade destes buques na economía de Mauritania "sexa un argumento de peso" para mellorar o protocolo de pesca con este país africano.
Así, expúxose nunha reunión mantida por María José de Pazo, en representación dos palangreiros e arrastreiros agrupados en Orpal, e o secretario xeral de Cepesca, Javier Garat, co xefe de unidade da Dirección Xeral de Pesca da CE (DG Mare), Christian Rambaud, responsable de negociar os acordos de pesca con terceiros países.
De tal forma, deixouse constancia que cada un dos buques que faenan naquelas augas xeran en Mauritania uns gastos de, aproximadamente, un millón de euros ao ano, entre gastos de porto, salarios, tránsitos e combustible.
Deste xeito, respecto ao tema de desembarcos, en base ao "alto montante da contribución económica desta frota naquel país", os representantes españois expuxeron a necesidade de que Mauritania cumpra o expresado no actual protocolo do acordo respecto "á exención de impostos dos produtos pesqueiros desembarcados en portos por ser considerados mercadorías en tránsito temporal". Unha cuestión que o país africano, "lonxe de cumprir, optou por incrementar".
Escribe o teu comentario