O Celta aférrase á estatística para superar o Alavés
O club saca a relucir un decálogo de datos que presaxian a vitoria local e o desquite no partido deste domingo.
Un Celta-Alavés da campaña pasada. Foto: RC Celta
En Vigo esperan que a primeira vitoria da tempada chegue este domingo, na visita do Alavés a Balaídos, e borre os recordos pasados.
A pesar de que o equipo vasco eliminou en semifinais da Copa do Rei aos celestes, o Celta saca a relucir un decálogo de estatísticas que presaxian o desquite.
Entre as cifras, destacan que "O Celta non perdeu nunca como local ante o Alavés. Nas nove ocasións nas que se enfrontaron en Balaídos en Liga os celestes lograron 6 triunfos e 3 empates".
Tamén insisten na capacidade goleadora dos seus xogadores. "O dianteiro celeste Maxi Gómez é actualmente o líder do Trofeo Pichichi con 3 goles", lembran.
E presumen de canteira: "Iago Aspas debutou en Balaídos nun Celta-Alavés de Segunda División no ano 2009 (2-1). O canteirán saltou ao terreo de xogo no minuto 59, marcou os dous goles dunha vitoria crave para conseguir a permanencia e converteuse nunha lenda do celtismo".
Escribe o teu comentario