O Celta felicita a Aspas polo seu dobrete coa selección

A actuación do dianteiro celeste válelle para que o club presuma de canteira, coa mirada xa na visita do Alavés.


|

AspasmorataAspas, abrazado con Morata. Foto: @aspas10

O dobrete e a asistencia de Aspas no último partido da selección desata os eloxios do Celta, que destaca na súa web que o dianteiro se reivindicou coa Roja.


Nunha nota, o club salienta que, ademais da puntería de cara ao gol, o de Moaña deu unha asistencia "brillante" a Morata. O Celta aproveita para presumir de canteira.


E coa mirada posta xa na visita do Alavés, os internacionais celestes iranse incorporando aos adestramentos na Madroa.


O domingo, os de Unzué esperan romper a mala serie de resultados para apartar as pantasmas da tempada pasada. Para iso verase as caras cun rival lembrado por ser quen eliminou aos vigueses a tempada pasada nas semifinais da Copa do Rei.


relacionada Lopetegui recupera a Villa para unha convocatoria na que repite Iago Aspas
relacionada O Celta, decidido a non repetir o mal inicio da pasada liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE