O Goberno recorre ante o TC outras dúas leis independentistas

"O Estado dá unha resposta rápida e eficaz a todos os intentos de vulnerar a orde constitucional", proclama Méndez de Vigo.


|

Mendezvigocminrp

Méndez de Vigo, na rolda de prensa.


O ministro portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, anunciou este venres que o Consello de Ministros acordou recorrer ante o Tribunal Constitucional a Lei de Transitoriedade Xurídica aprobada o xoves polo Parlamento de Cataluña, igual que un día antes decidiu recorrer a lei do referendo secesionista e a súa convocatoria para o 1 de outubro. Tamén decidiu recorrer a lei do código tributario que pretende crear unha Facenda propia.


"O Estado dá unha resposta rápida e eficaz a todos os intentos de vulnerar a orde constitucional; fíxoo e seguirao facendo", remachou o portavoz do Goberno.


Ademais, continúan os movementos xudiciais para impedir a votación. A Fiscalía Superior de Cataluña presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza (TSJC) as querelas contra o presidente da Generalitat e os membros do seu Goberno, e pide fixar medidas cautelares, como relata Catalunyapress na súa información.


Entre outras medidas, solicita que, se é necesario, se dea autorización para a entrada e rexistro en domicilios e outros recintos que requiran orde xudicial.


E a Garda Civil rexistra desde primeira hora da tarde unha empresa en Tarragona en que sospeita que se imprimiu material para o referendo.


Amplía esta información en Catalunyapress.

relacionada O TC suspende a convocatoria do referendo e notifícallo aos alcaldes
relacionada Rajoy non renuncia "a nada" tras emprender a vía legal contra o referendo
relacionada Mossos, Policía e Garda Civil, chamados a impedir a votación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE