Convocado o referendo ilegal á espera de que o TC o tombe

Rajoy solicitou ao alto tribunal non limitarse a unha "mera declaración de nulidade", senón a avanzar nas medidas para parar o desafío independentista.


|

GoverncatalanComparecencia do Govern tras a firma.


Unha vez que a maioría independentista logrou aprobar con nocturnidade a lei do referendo, o presidente catalán, Carles Puigdemont, reuniu con carácter de urxencia o Consell Executiu para aprobar o decreto de convocatoria do 1-O.


Con este xesto, Puigdemont asegúrase -aínda que só sexa por unhas horas- un efecto dramático: que a dita lei e a convocatoria do referendo ilegal estea en vigor ata que o Tribunal Constitucional (TC) o tombe este 7 de setembro, a moi poucos días da Diada.


O incidente de execución de sentenza presentado polo presidente do Goberno insta o Tribunal a non limitarse a unha "mera declaración de nulidade" dos actos impugnados e a acompañar esta decisión de "todas aquelas medidas que sexan necesarias para evitar a continuación da vía de feito do Parlament no chamado proceso de secesión de Catalunya".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Rajoy activa a maquinaria xudicial contra as manobras do referéndum
relacionada O Parlament aproba a lei do referendo cos votos dos independentistas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE