Villares e Pontón queren un achegamento do PSOE se recoñece a Galicia como nación

O portavoz de En Marea vería posible "formular unha mellor alternativa ao PP" e desde o BNG lembran a reforma do Estatuto.


|

VillaresleiceagapontonEsperan consecuencias "positivas" da postura de Sánchez.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, celebrou a concepción de España como "nación de nacións" exposta polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pero advertiulle que o "coherente" con esa concepción sería o apoio desta forza política ao referendo impulsado en Cataluña para o 1 de outubro.


Villares celebrou que o PSOE "redescubra agora o carácter nacional de Galicia" e estimou que esta postura pode ter consecuencias "moi positivas", tanto nesta comunidade como no conxunto do Estado.


Así, expuxo que a nivel de Galicia "permitiría formular unha mellor alternativa ao PP", ao "atopar maiores puntos de encontro co PSOE", posto que as políticas económicas e sociais de En Marea baséanse "no recoñecemento do carácter nacional galego".


Así mesmo, o líder de En Marea barallou que a postura de Sánchez "permitiría, ademais, formular un novo escenario xurídico-político" para xestionar todas aquelas competencias de interese para a cidadanía e facelo "acorde" cos propios intereses dos galegos, "e non conforme a intereses alleos".


"STATUS E PODER POLÍTICO"


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, valorou que Pedro Sánchez recoñeza a Galicia como unha nación, pero critica que o líder socialista "se alía con Rajoy para continuar mantendo o réxime e o 'establishment' do 78".


"Levamos defendendo toda a nosa vida que Galicia é unha nación, o feito de que sexamos ou non non nolo vai dar nin quitar Pedro Sánchez nin ningún partido estatal, Galicia é unha nación porque temos unha lingua, unha cultura, e creo que é unha boa noticia que iso se recoñeza", afirmou Pontón a preguntas da prensa este mércores.


Para iso lembra que o BNG propón un relatorio no Parlamento para "falar do status e poder político que teña Galicia", e sostén que lle gustaría que todas as forzas "estivesen a defender a Galicia e non á dirección dos seus partidos estatais".


relacionada Pedro Sánchez inclúe a Galicia entre as nacións que conforman España
relacionada O PSOE propón abordar canto antes a "modernización" do Estado autonómico
relacionada O BNG ponse como deberes "avanzar" nun novo Estatuto este curso político

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE