Os examinadores de tráfico manteñen a folga parcial no novo curso
Sen servizos mínimos acordados, de luns a mércores seguirá habendo probas prácticas a contagotas, para desesperación das autoescolas.
As autoescolas, desesperadas.
Os examinadores de tráfico reinician este luns unha folga de carácter parcial con paros convocados para todos os luns, martes e mércores do mes de setembro.
Esta nova convocatoria de folga parcial substitúe a folga indefinida que, nun principio, ía producirse, igualmente, a partir do 4 de setembro. Con todo, a Asociación de Examinadores de Tráfico (Asextra) decidiu "realizar un cambio na estratexia de folga" o pasado 23 de agosto, un día despois da reunión que mantivo o colectivo coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), na non se chegou a ningún acordo sobre a situación. Tampouco houbo puntos de encontro en relación a establecer servizos mínimos.
A folga provocou perdas económicas no sector das autoescolas, que comezaron a valorar a posibilidade de reclamar á Administración os danos e prexuízos.
Escribe o teu comentario