As autoescolas ourensás vense empurradas "ao abismo e o peche"

Os centros da provincia alertan da formación dunha "bóla de neve" que "vai ser moi difícil de desfacer". A DXT vai formar a militares como examinadores.


|

ConductorvolanteAs autoescolas temen unha "bóla de neve".


As autoescolas ourensás esixiron ao director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, que chegue a un acordo cos examinadores e estableza un calendario periódico de exames para poñer fin á "situación insostible" que están a vivir os centros de formación e que as está empuxando "ao abismo e ao peche".


Así o sinalou este martes Laureano Bermejo, portavoz dos centros federados na Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense e das empresas non asociadas, que se uniron para expresar o seu temor ante as perdas económicas, "aínda sen cuantificar en Ourense", que está a provocar a folga de examinadores.


"UNHA BÓLA DE NEVE"


O portavoz das autoescolas explicou que, desde o inicio da folga de examinadores, a mediados de xuño, en Ourense quedan sen examinar "unha media de sesenta persoas por día", o que provoca a formación dunha "bóla de neve" que "vai ser moi difícil de desfacer".


As autoescolas ourensás advertiron de que ante a falta de datas para examinarse moitas persoas diminuíron ou atrasaron as súas clases prácticas e que tamén se reduciron de forma drástica as matriculacións, "a pesar de que no verán se concentraba un 60% dos ingresos do sector", dixo Bermejo.


Desde o sector vese con preocupación a posibilidade dunha folga indefinida por parte dos examinadores. Ante esta situación, as autoescolas ourensás propoñen que os profesores con máis antigüidade exerzan de forma temporal como examinadores, ou mesmo que esta función sexa realizada por outros colectivos, "coma o Exército".


MILITARES METIDOS A EXAMINADORES


Precisamente, este último é o camiño que tomou a DXT. O director da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Gregorio Serrano, confirmou este martes 18 de xullo que se convocarán cen prazas para que o persoal de tropa e mariñeiría, pertencente ao Ministerio de Defensa, de máis de 45 anos poida exercer de examinador de tráfico. Para iso, estes traballadores terán que realizar unha formación de once semanas.


Ademais das 100 prazas para militares, Serrano tamén indicou que en setembro empezarán a formarse máis de 24 funcionarios da DXT que xa solicitaron o posto a examinador a través de prazas de configuración interna. Segundo sinalou, con estas novas prazas "estará liquidada" a falta de examinadores, que a DXT tentará implementar antes de maio de 2018.

relacionada A Valedora abre unha queixa sobre a imposibilidade de aprender a conducir en galego
relacionada A folga dos examinadores de Tráfico
relacionada 400 exames de conducir, suspendidos pola folga en Tráfico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE