A Valedora abre unha queixa sobre a imposibilidade de aprender a conducir en galego

|

Cocheautoescuela


A valedora do Pobo, Milagros Otero, abriu unha queixa de oficio sobre a imposibilidade para acceder a manuais de autoescolas en lingua galega.


Segundo informa a institución nun comunicado, deste xeito preocúpase por unha das demandas realizadas polos participantes na última convocatoria das marchas 'Correlingua' en favor do galego.


Así, Otero enviou unha carta á Federación Galega de Autoescolas para coñecer se é imposible para os novos condutores acceder a manuais de formación no idioma propio de Galicia. E se é así, coñecer "que medidas ten previsto implantar a federación" para que existan textos en galego nas academias.


Por mor da apertura da investigación de oficio, a valedora tamén dirixe un escrito á Secretaría Xeral de Política Linguística. En concreto, solicítase que informe sobre os datos cos que conta sobre esta "carencia", así como para garantir os dereitos lingüísticos nesta materia.

relacionada A Mesa presenta un 'Black Mirror' á galega para concienciar sobre os dereitos lingüísticos
relacionada A Mesa leva a Lugo unha campaña para esixir ás empresas privadas atención en galego
relacionada O Sergas, o organismo público que máis queixas rexistra por "racismo lingüístico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress