O Celta empeza a vender roupa para os días que non hai partido
O club celeste presenta "catro prendas que respiran celtismo e historia polos catro costados", e que se poñen á venda este venres.
Imaxe dun dos deseños. Foto: RC Celta
Para os que non visten a camiseta do seu equipo fóra dos días de partido, o Celta lanza unha liña de roupa que venderá na súa tenda oficial e que, segundo o club, "respira celtismo e historia polos catro costados", tal e como afirma nun comunicado colgado na súa web.
Trátase de catro prendas deseñadas por Rei Zentolo, dous deseños que se estampan tanto en sudadeiras como en camisetas.
O primeiro deles destaca a lenda 'O equipo da nosa terra' baixo unha versión inicial do escudo céltico e o ano de fundación do club, 1923. No segundo baséase nunha fotografía dos primeiros xogadores do RC Celta, froito da fusión dos equipos Real Club Fortuna e Real Vigo Sporting Club. Esta composición tamén resalta o ano de nacemento da entidade celeste.
Os encargados de exercer de modelos foron Hugo Mallo e Sergio Álvarez. Pódense comprar desde este venres na tenda do club ou da empresa encargada do deseño.
Escribe o teu comentario