O Celta presenta as súas camisetas para a próxima tempada
A primeira equipación suma ao celeste a cor vermella, símbolo da paixón, segundo o club vigués.
Os novos equipamentos do Celta. //Foto: RC Celta
Nas próximas semanas os afeccionados do Celta poderán facerse coas camisetas que o club vigués anunciou este luns. Nun comunicado, a entidade destaca que as equipacións seguen "unha liña moderna combinada cun deseño 'retro' para que a camiseta celeste poida ser utilizada, ademais de no estadio, no día a día".
Na primeira equipación mantense a cor celeste e incorpóranse detalles en vermello. Segundo o club, reflicte a cor da cidade e a paixón dos afeccionados. A segunda incorpora como base o negro co celeste habitual.
O Celta presentou ademais un vídeo rememorando camisetas de épocas históricas do primeiro equipo.
Escribe o teu comentario