É oficial, Juan Carlos Unzué asina por dúas tempadas co Celta

|

UnzueceltaO Celta anuncia a chegada de Unzué. //Fonte: RC Celta

Juan Carlos Unzué encabezará o corpo técnico do Celta as dúas próximas tempadas. Tal e como confirmou o club vigués a través da súa web, o adestrador navarro regresa ao banco celeste como adestrador tras ocupalo como segundo técnico de Luis Enrique na campaña 2013/2014. 


Con el, volven ao Celta Robert Moreno, segundo adestrador, Rafel Pol, preparador físico, e Joaquín Valdés, psicólogo, todos eles "integrantes daquel corpo técnico celeste que propiciou o despegamento do club en Primeira División".


Juan Carlos Unzúe regresa tras unha etapa no FC Barcelona, onde, como segundo adestrador, sumou nove títulos nas tres últimas tempadas.


O técnico navarro compartiu banco e experiencias con grandes adestradores, comezando no ano 2003 con Rijkaard e continuando con Guardiola e Luis Enrique. Como primeiro técnico, dirixiu o Numancia no ano 2010. O novo corpo técnico será pesentado durante os próximos días.

relacionada Unzué, a un paso do banco do Celta
relacionada Berizzo confirma a súa marcha do Celta
relacionada Mouriño non se obsesiona con reter a Berizzo nin a ningún xogador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress