Unzué, a un paso do banco do Celta

As negociacións están moi avanzadas para que o conxunto celeste firme como adestrador ao, ata agora, segundo de Luis Enrique.


|

Unzue


O Celta está moi preto de recuperar un vello coñecido para o banco do primeiro equipo. O que sería o seu novo técnico non é outro que o, ata agora, segundo de Luís Enrique, Juan Carlos Unzué. Despois do 'non' de Berizzo ao presidente celeste, Carlos Mouriño, as negociacións parecen estar máis que avanzadas.


Nunha entrevista en La Voz de Galicia, o presidente da entidade, Carlos Mouriño, falou de que "hai conversacións avanzadas con dous ou tres adestradores", pero igualmente parece ser que o mellor situado é Unzué.


Os primeiros rumores, alá en abril, apuntaban mesmo a Unzué como sucesor do asturiano no banco azulgrana. Con experiencia anterior no Numancia e o Racing de Santander, o navarro estaba disposto.


Unzué coñece o Celta, e é que foi segundo de Luis Enrique tamén en Vigo durante a tempada na que o asturiano estivo a dirixir o Celta. Ademais, parece que Mouriño ten 'predilección' por ex barcelonistas para o banco celtista, pois xa pasaron por aí Stoichkov, Eusebio, Luís Enrique e Unzué.


relacionada A Real Sociedad estraga no desconto a despedida de Berizzo
relacionada Berizzo confirma a súa marcha do Celta
relacionada Mouriño non se obsesiona con reter a Berizzo nin a ningún xogador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE