A alerta dun posible atentado na Rambla no tiña "credibilidade"
Un diario catalán afirma a CIA avisou hai meses da ameaza. O goberno catalán di que chegan "decenas de avisos" e que se analizan.
O director do diario catalán El Periódico, Enric Hernández, asegurou que fontes do Goberno catalán o informaron a principios de xuño de que a CIA alertara aos Mossos d'Esquadra e ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de que ISIS estaba a preparar un atentado en Barcelona, "especificamente na Rambla".
O conseller de Interior da Generalitat, Joaquim Forn, con todo, nega que os Mossos teñan relación directa coa CIA e indicou que o aviso lles chegou por outras fontes --sen concretalas-- e que tiña "baixa credibilidade".
Nunha comparecencia xunto ao maior dos Mossos, Josep Lluís Trapero, Forn explicou que desde hai meses recibiron "decenas de avisos de posibles actos en moitos puntos de Catalunya, e céntranse en centros de culto, infraestruturas, concertos e grandes aglomeracións, entre eles tamén La Rambla e a Sacra Familia" e que se analizan todas.
Escribe o teu comentario