Un sinal do Camiño nos restos dunha muralla de hai oito séculos

O PSOE de Vilalba denuncia que a Xunta "incumpre a súa propia lei de patrimonio", porque altera un Ben de Interese Cultural.


|

CaminovilalbamurallaAlterar a muralla vai contra a lei de patrimonio.


O PSOE de Vilalba denuncia que a Xunta coloca un fito de sinalización do Camiño nos restos da muralla deste municipio, catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC) e que data do século XIII.


Respecto diso, os socialistas censuran que a Xunta "incumpre a súa propia lei de patrimonio" coa colocación desta sinalización do Camiño do Norte que afecta á banqueta da muralla, na contorna da rúa da Ferrería.


Sobre este extremo, o PSOE censura que o alcalde de Vilalba "consinta un verdadeiro ataque a este ben cultural e patrimonial", con "unha escasa sensibilidade pola posta en valor do patrimonio".


Así, no próximo pleno pedirán que o Concello adquira a titularidade dos terreos próximos aos 15 metros de muralla para "poñer en valor unha parte importante do patrimonio vilalbés", así como proceder á súa musealización.


relacionada Lugo limita desde este hoxe a 30 km/h a velocidade na Ronda da Muralla
relacionada Unha plantación de eucaliptos arrasa o Castro da Rilleira por segunda vez, denuncia Adega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE