Ferido un home en Vigo ao que lle explotou un móbil nas mans

Tivo que ser trasladado con queimaduras a un centro sanitario. O fume obrigou aos bombeiros a acudir ao hotel onde estaba.


|

Explosionmovil


Un home de 28 anos de idade resultou ferido con queimaduras tras explotarlle un teléfono móbil nas mans cando se atopaba nun hotel de Vigo o domingo pola tarde.


Ademais, o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicou que a persoa afectada se mareaba. O CIAE puxo en alerta a Urxencias Sanitarias.


Debido ao fume que ocasionou a explosión no inmoble, foi necesario que os Bombeiros da cidade se achegasen ao momento. A Policía Local tamén foi informada do suceso, que tivo lugar sobre as 19,00 horas do domingo.


Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial para atender o ferido, L.F.C.A., de 28 anos, que foi trasladado a un centro de Atención Primaria da cidade olívica.

relacionada Un mozo de 26 anos sofre queimaduras por pirotecnia durante un Entroido en Vigo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE