O PPdeG mira cara ás municipais mentres ve a oposición ancorada en 2016

Miguel Tellado contrapón os procesos internos de PSdeG e En Marea cos seus congresos locais, menos enfrontados.


|

Migueltelladoparl

Tellado critica "loitas de poder" na oposición.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou este venres que o seu partido afrontará o próximo curso político con "ilusión, motivación e ganas de servir a Galicia".


O tradicional acto de apertura --que terá lugar este domingo 27 de agosto na Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade-- celébrano este ano os populares cun horizonte político está "moito máis despexado" que en 2016.


Neste curso político, continuou Tellado, o PPdeG terá "a vista posta" nas eleccións municipais de 2019, para o que estará, asegurou, "a pé de rúa". E é que, razoou, é "importante" seguir profundando "nunha renovación permanente" no seo do partido, polo que a súa organización política está a traballar nun calendario de novos congresos locais para cada provincia que presentará en setembro.


Con todo, defendeu que "non corresponde aínda" escoller candidatos nas cidades, e engadiu que o resto de formacións políticas están "moi atrasadas" neste asunto.


A OPOSICIÓN, "PAROULLES O RELOXO"


Sobre a oposición, lamentou que lles "parou o reloxo o 25 de setembro de 2016", día das eleccións galegas. Pero ademais, criticou que os partidos da oposición estean "instalados en loitas de poder" en lugar de "dedicarse á política con maiúsculas".


No que respecta ás primarias do PSdeG, denunciou que haxa que "elixir entre tres 'sanchistas'": entre "quen vai representar o 'non é non'".


Sobre En Marea, fixo fincapé en que "todos menos el (en alusión a Luís Villares) saben que é un zombie político". A este respecto, remarcou que os alcaldes das mareas están "máis centrados en derrocalo" que en dirixir as súas propias cidades.


relacionada Feijóo repetirá a experiencia do banco azul para as municipais
relacionada O PPdeG prepara o seu camiño cara ás eleccións municipais de 2019
relacionada Feijóo quere aplicar a fórmula do 25S ás próximas eleccións municipais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE